Situación Xeográfica
![]()

En Galicia, ó norte da provincia de Lugo, encóntrase o municipio de Viveiro. A súa extensión é de 105 Km2, atravesada polo río Landrove que descende da montaña e discorre, entre bosques e pradeiras, polo val viveirense antes de morrer no Cantábrico.
Nesta desembocadura fórmase unha das Rías Altas de Galicia de maior personalidade e carácter. É a Ría de Viveiro, nunha das súas márxes aséntase a capital municipal do mesmo nome.
De orixe medieval. Dende o ano 1891 ten o título de Cidade. O seu núcleo antigo foi declarado Conxunto Histórico. Viveiro e as súas dúas conveciñas, Covas e Celeiro, acollen a máis da metade dos 15.450 habitantes do municipio. O resto distribúese entre os numerosos lugares das once parroquias restantes.
O contacto co Cantábrico, cunhas augas que manteñen unha temperatura media de 15 graos, dá lugar a un clima eminentemente moderado. Os invernos húmidos, pero moi tépedos sucédense ós longos veráns, caracterizándose por unha suave temperatura.
O concello de Viveiro dispón dunha boa e ben nutrida rede de estradas de distinta orde, que se complementa convenientemente ademais coa Liña dos Ferrocarris de Vía Estreita (F.E.V.E.) .
A comunicación co resto de Galicia e incluso con todo o Norte de España é, por todo esto, cómoda e moi fluída. A Coruña atópase a 125 Km., Santiago a 160 Km. e Lugo, a capital provincial a 95 Km.