Ruta de San Roque e Dona Urraca
![]()

Esta ruta parte da praza de Juan Donapetry ( Pontelabrada), seguindo a estrada de Campo de Verdes ata chegar ó carreiro que
leva ás Cortes de Dª Urraca, sen deixar de pasar pola fonte pública do mesmo
nome. Debemos seguir entón o carreiro por diante da casa de Dª Urraca ata
alcanzar novamente a estrada que leva a San Roque.
Cruzándoa encontrámonos de fronte o derradeiro treito do camiño que conduce directamente ó "semilleiro" de flora e fauna de San Roque. Chegados a ese punto distinguirémo-la estrada ata o noso destino: O miradoiro de San Roque. Desde alí tamén podemos chegar ata " o Penedo do Galo", onde apreciamos unha panorámica diferente á dos outros miradoiros da localidade como o monte Castelo.
De volta, podemos optar polo camiño de subida ou podemos baixar polo sendeiro situado á dereita da ermida (que é o empregado tradicionalmente polos romeiros o 16 de agosto celebrando a festividade do copatrón da cidade). Nesta baixada por carreiros costentos cruzámo-la estrada en dúas ocasións ata chegar novamente ó punto de partida: a Praza de Juan Donapetry.