|
Porto de Celeiro
|
||||||||||||||
|
A diferencia entre un simple porto e un gran centro de distribución de productos pesqueiros radica, en primero lugar, na capacidade das infraestructuras para colocar no mercado de forma rápida e regular un producto de calidade. En segundo lugar, pola disposición dos operadores para asumi-lo reto da competitividade, dende unha posición flexible e aberta á introducción de cambios nos sistemas de traballo que redunden nunha maior aproximación a ese obxectivo global. En realidade, o funcionamiento do porto de Celeiro nos últimos anos garda moitas similitudes con este modelo. Que dende principios do 2000, coa inaguración da nova lonxa dispoñemos dos medios necesarios para definirnos como unha auténtica plataforma de distribución de productos pesqueiros.
Empresas de Servicios
A Pescada " Do Pincho" A pesar dos altos e baixos no volume das capturas, a "merluza do pincho" convertiuse no símbolo do porto, mantense como o producto que mellor se identifica no mercado coa calidade característica da flota de Celeiro.
|
Portos Asociados Porto de San Cibrao A asociación co Porto de San Cibrao baseouse na especialización de actividades, concentrándose nesta lonxa as vendas de mariscos e doutras capturas da flota de baixura das confradías do Barqueiro, Vicedo, Celeiro e San Cibrao. Porto de Foz Co porto de Foz estableceuse unha alianza estratéxica para a prestación de servicios os armadores locais. Esta localidade conta cun establecemento para axilizar-la suministraciónde efectos navais, combustibles, aceites e carburantes para a flota de Foz, e centraliza-la demanda de servicios doutras empresas do grupo.
Lonxa A nova lonxa, ubicada no peirao sur de Celeiro, foi deseñada co obxectivo de convertirse no centro de distribución de peixe da cornixa Cantábrica. Manipula máis de 10.000 toneladas de peixe ó ano por un valor superior os 6.000 millóns de pesetas. Ocupa unha superficie total de 30.945 m2.. Entre as súas principais características, destaca, ademais, o sistema de climatización, a informatización das subhastas e da xestión, a utilización do ozono na desinfección ou a futura planta de coxeración de enerxía eléctrica, térmica de refrixeración.
Información
|
|||||||||||||