Merendeiro no Monte Castelo   Pola estrada C-640 dirección Lugo, á altura da Arredoada collemos un camiño á dereita que nos leva por unha pista forestal ata o Monte Castelo, situado a 340 m. de altitude. Un pouco antes de chegar ó cume hai un miradoiro dende onde se albisca o val de Landrove e Galdo coa cidade de Viveiro ó fondo. Xa no cumio do monte desde unha área recreativa ( de fermosas formacións de rochedos ) pódese divisar Bravos e os quince outeiros que rodean o val. No alto está situada a ermida en honor a San Martiño que posue unha romaría entre a última quincena de maio e a primeira de xuño de grande tradición porque a auga de choiva que permanece nos rochedos erosionados ó pé da ermida considérase polas xentes dotada de propiedades curativas para enfermidades relacionadas coas vista e o oído.

volver