Aínda que abundantes filóns arqueolóxicos e testemuñas históricas deixan claro a importancia que acadaron os
asentamentos celtas e romanos, non sería ata os séculos XII e XIII cando se configure propiamente a vila de Viveiro, tal como a entendemos na actualidade. O desenvolvemento económico experimentado nesta época prolongouse ó longo dos séculos XIV e XV, quedando acreditada a súa puxanza polo carácter gremial dalgunha das súas máis antigas rúas da pilitaria o da zapatería por exemplo, que revela o característico perfil social e económico das mellores poboacións medievais.

 

 

 

 

 

       Porta de Carlos V, renacentista (1548)

 

 

 

 

 

Do avoengo e relevancia histórica desta cidade dan boa mostra igualmente as profundas pegadas que destacadas linaxes aristocráticas os Vivero, Cervo, Pedrosa, Andrade, Pardo de Cela...... deixaron no perfil urbano de Viveiro. Perduran, por exemplo, algunhas das súas grandes casas, coas súas armerías esculpidas sobre pedra e, en especial, algunha das súas obras pías e fundacións relixiosas, como o convento da Concepción, que dotou e fundou Dona María de las Alas Pumariño (+1601), ou a capela do Ecce Homo, chamada tamén da Misericordia, que foi erixida a expensas de D. Rodrigo Alonso Alfeirán (+1608).

 

 

 

 

   Pastor Diáz

 

 

 

 

 

 

 

O románico deixou tamén importantes pegadas nas terras da cidade; destacan as igrexas de San Pedro, de Santa María e a antiga conventual de San Francisco. Trazas románicas e oxivais pódense atopar tamén na igrexa do convento das dominicas de Valdeflores, en Xunqueira. Outra testemuña igualmente caracterizadora da gran herdanza medieval de Viveiro é a longa ponte sobre o Landro, ampliada con toda grandeza nos séculos XV, XVI e XVIII.

 

Santa María

 

Igrexa de San Pedro,de estilo románico, erixida durante o século X; atópase na parroquia de San Pedro, a cinco quilómetros do centro da cidade.

volver

     

 

Calexa das Monxas( calexa gótica)

 

 

 

Outro tanto é o que proclaman tamén os restos do antigo circundo amurallado, noutrora concebido tanto para a defensa fronte ós ataques exteriores como para o illamento dos seus veciños en tempos de peste. Os restos da súa muralla, que a pesar da súa importancia e solidez sucumbiu como tantas outras ante a mal entendida modernidade do pasado século, son facilmente localizables no circundo da antiga vila, aínda que case sempre figuren engadidos a outras pequenas edificacións. Con todo, aínda permanecen en pé tres das súas seis antigas portas: a do valado, que amosa a súa orixe
románica; a da vila, construída en 1217; e a do castelo da ponte, tamén chamada de Carlos V, que é a insignia do Viveiro monumental actual, sobre a que se conservan esculpidas as armas imperiais do monarca, as primitivas do Reino e as propias da cidade.

 

      Casa dos Leons (Viveiro)      

 

 

Polo demais, os nomes dalgunhas persoas daquelas linaxes aínda resoan como símbolos da pequena historia da cidade de Viveiro: a venerable dona Constanza de Castro (+1498), beatificada pola tradición popular trala aparición do seu corpo incorrupto na igrexa de San  Francisco, máis de cen anos despois da súa morte; dona María Sarmiento (+1563), fundadora do famoso Colexio Insigne da Natividade de nosa Señora, onde pasado o tempo haberían de estudiar moitos dos máis sobranceiros fillos de Viveiro, especialmente durante o século pasado: Castro Bolaño, Trelles Noguerol, Vicente Manuel Cociña, e sobre todos, Pastor Díaz (+1863), o chamado príncipe do romanticismo español, membro da Real Academia Española de la Lengua e posuidor ademais dunha longa e brillante traxectoria na Administración do Estado de mediados do século pasado; unha estatua na súa honra preside a Praza Maior da cidade.

San Francisco

Mosteiro de Valdeflores

 

 

Igrexa de Santa Maria, construída na segunda metade do século XII, amosa fermosas trazas románicas: a planta basilical, as capelas laterais, o arco peraltado que dá paso ó presbiterio, ou a ábsida dividida, cara o exterior, con semicolumnas que dan espacio para tres vans abertos. Conserva no seu interior, ademais, reliquias traídas de Roma e moi valiosos obxectos de culto, como a fermosísima cruz procesional do século XVI.

  San Pedro