O calendario festivo de Viveiro, profano, costumista e relixioso, entre as mais
importantes atópanse:

    Entroido: que se atopa entre os máis antigos de Galicia, durante catro días (de sábado a martes), os viveirenses saen á rúa para amosa-lo seu humor e cordialidade ós visitantes; esto ten o seu punto culminante o martes de entroido, co desfile de carrozas, comparsas, grupos, etc,  polas distintas rúas da cidade.

 

                    Imaxen de Semana Santa

 

 

 

 

 

 

 

Declarada de Interés Turístico Nacional

Paso da Virxen da Soledad

 

 

 

 

 

   Rapa das Bestas: Declarada tamén de interese Turístico Nacional, celébrase o primeiro domingo de Xullo, excepto que este sexa o día 1 que pasaría o 2º domingo,  ten lugar nos montes do Buio, típica e antiquísima operación de corta-las colas e crinas, así como a doma de cabalos en estado salvaxe que se crían naqueles montes.

 

 

 

              Panorámica nocturna das Festas Patronais

 

 

 

 

   Romaría de Naseiro(Romaxe do Bo Xantar): Declarada de Interese Turístico Nacional, celébrase o cuarto domingo de agosto no lugar de Naseiro á beira do río Landro, na parroquia de San Pedro, ten días adicados ó Polbo, Caldo, e a típica sardiñada, nos que durante catro días as xentes comen, cantan e bailan sen parar.

 

Procesión marítima da Festa do Carme(Celeiro)

 

volver

 

Comparsa do Entroido

 

   Semana Santa: Declarada de Interese Túristico Nacional. Existen en Viveiro un bo número de confrarías, entre as que podemos nomear, a da Nosa Señora do Rosario, Cristo da Piedade, O Prendemento, As Sete Palabras e a Santa Cruz. Podemos nomear entre outras as segintes procesións: O Encontro que  con imaxes articuladas representa o camiño do calvario de Xesucristo. O Desencravo e Santo Enterro, que representa o descendemento da Cruz, para dar paso á procesión do Santo Enterro.A Derradeira Cea, cos pasos da Cea, Horto, Ecce-Homo, O Nazareno e a Dolorosa.A Paixón, cos pasos do Prendemento, As Sete Palabras, A Piedade e María ó pé da Cruz.Os  Caladiños, que invita ó rezo e ó recollemento, onde un pobo  enteiro acompaña á Dorosa no  seu regreso do Calvario xa avanzada a madrugada.. 

A Semana Santa viveirense está considerada como unha das mellores de Galicia, pola riqueza das sus imaxes e pola súa antigüidade.

Declarada de Interés Turístico Nacional

Rapa das Bestas

 

   Festas Patronais: Celébranse a semana do 15 de Agosto, adicadas ó
co-patrón da cidade, San Roque, e a Nosa Señora. Destacan entre os actos que se desenvolven, a Mostra Folklórica Internacional, que está integrada no CIOFF, Feira de Artesanía popular Galega, subida e romaría no monte San Roque a altas horas da  madrugada do día 16, día das cabezudas no souto das nogueiras, carreira ciclista, campionato de tiro ó prato,etc.

 

 

 

Declarada de Interés Turístico Nacional

Sardiñada en Naseiro

 

 

   Santiago Apóstolo: O día 25 de xullo no peirao de Celeiro celébranse estas festas cunha popular procesión marítima pola ría de Viveiro.